Psicólogo en Santiago de Compostela
Psicoterapia condutual-contextual: valoración inicial gratuíta
Ola
O meu nome é Sergio e son psicólogo habilitado para facer psicoterapia. O enfoque co que traballo baséase na terapia contextual e na análise funcional da conduta.
A psicoloxía non é só a miña profesión, senón parte da miña historia de aprendizaxe. A min tamén me tocou lidar co sufrimento, un malestar que me asustaba, que me impedía reaccionar e que me afastaba do que é importante para min. A través das terapias contextuais comprendín que o sufrimento non é algo que corrixir, senón unha experiencia que nos toca a todas as persoas e que, se aprendemos a relacionarnos con el doutra maneira, as cousas melloran.

nº de rexistro sanitario C-15-005101.
E non só en min: vin ese cambio en persoas próximas, que tamén atoparon neste modelo unha maneira de non verse dominadas pola dor, de recuperar a súa capacidade de elixir, de facer o que valoran. Podemos aprender a actuar doutro xeito, incluso en situacións difíciles.
Destas experiencias xorden as miñas ganas de acompañar e facer terapia: apoiar como o fixeron comigo. Procuro entender o sufrimento, situándome no lugar das demais persoas e outorgándolles ferramentas adecuadas para que avancen en momentos de dificultade.

Como traballamos aquí?
Tes moita información sobre como deberías sentirte ou o que deberías facer. Quizais che interese probar algo que, no canto de darche leccións, che axude a entenderte para avanzar. Ese algo chámase terapia contextual e análise funcional da conduta: dous enfoques que non prometen solucións máxicas, pero si ferramentas que funcionan.
Por que son unha boa forma de psicoterapia?
Porque non van contra ti, senón contigo. O sufrimento non é un erro que haxa que borrar, senón unha experiencia común. Aquí aprendes a relacionarte con el dun xeito distinto, para que deixe de mandar na túa vida.
Porque a análise de conduta é práctica, non moralista. Non vai de xulgar nin etiquetar, senón de entender o para que do que facemos e ampliar a liberdade de elección.
Porque teñen evidencia científica detrás. As terapias contextuais levan anos de estudos rigorosos ás costas: centos de ensaios clínicos e décadas de investigación. Non falamos de modas pasaxeiras, senón de ciencia aplicada.
Porque o pasado conta, pero non manda. Non se trata de borrar o que viviches, senón de frear o piloto automático e empezar a construír algo distinto agora.
Aquí non “arreglaremos defectos”, senón que trataremos de entender o que che pasa para que pese menos. Aprenderás a moverte diferente no lugar no que xa estás. O traballo irá encamiñado a que recuperes espazo e poidas actuar segundo o que é importante para ti.
Se buscas unha terapia que te axude a vivir con máis presenza e sentido, estás no lugar axeitado.
Espazo de valoración gratuíto
Escoller con quen iniciar un proceso terapéutico non sempre é doado, creo que é importante que poidas facelo con confianza e claridade. Por iso, che propoño un primeiro espazo de conversa gratuíto —por videoconferencia ou chamada telefónica— para valorar a túa situación, resolver as dúbidas que teñas e explicarche como traballo.
Durará o necesario para que teñas unha visión concreta de como podo axudarche e de que maneira poderiamos avanzar. Un encontro sen compromiso, pensado para que tomes unha decisión informada e comeces a darlle forma ao cambio que estás a buscar.
Publicado en gio v. verrone2025-09-30Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. un lugar agradable onde priorizar valores, auto-coñecemento e toma de decisións importantes, sen conceptos a priori determinantes e dende a vontade de acompañamento real. enfocado en centralizar a terapia de maneira obxectiva a través dos cambios na propia experiencia; proponse unha terapia flexibilizadora e libre de prexuízos onde sentirse cómode. recomendable.Publicado en Marta Romero2025-09-26Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. sergio é un profesional empático, sempre buscando a mellor forma de facer o seu traballo e creando un espazo no que realmente te sintes cómod@ en cada sesiónPublicado en Cristo Rao2025-08-06Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Escéptico de entrada, convencido al salir. Sergio ofrece una terapia empática, clara y útil. Un profesional que acompaña de verdad.Publicado en Dolores Asenjo Gil2025-06-19Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Profesionalidad y empatía.
Datos de contacto
DIRECCIÓN
Avenida de Lugo nº30, Baixo Esqda, Santiago de Compostela
TELÉFONO
722256043
722256043
CORREO ELECTRÓNICO
info@pretopsicoloxia.com
