Psicólogo en Santiago de Compostela


Psicoterapia condutual-contextual: valoración inicial gratuíta


Ola


O meu nome é Sergio e son psicólogo habilitado para facer psicoterapia. O enfoque co que traballo baséase na terapia contextual e na análise funcional da conduta. 

A psicoloxía non é só a miña profesión, senón parte da miña historia de aprendizaxe. A min tamén me tocou lidar co sufrimento, un malestar que me asustaba, que me impedía reaccionar e que me afastaba do que é importante para min. A través das terapias contextuais comprendín que o sufrimento non é algo que corrixir, senón unha experiencia que nos toca a todas as persoas e que, se aprendemos a relacionarnos con el doutra maneira, as cousas melloran. 



Psicólogo colexiado nº G-7294 e con
nº de rexistro sanitario C-15-005101.

E non só en min: vin ese cambio en persoas próximas, que tamén atoparon neste modelo unha maneira de non verse dominadas pola dor, de recuperar a súa capacidade de elixir, de facer o que valoran. Podemos aprender a actuar doutro xeito, incluso en situacións difíciles. 

Destas experiencias xorden as miñas ganas de acompañar e facer terapia: apoiar como o fixeron comigo. Procuro entender o sufrimento, situándome no lugar das demais persoas e outorgándolles ferramentas adecuadas para que avancen en momentos de dificultade.



Como traballamos aquí?


Tes moita información sobre como deberías sentirte ou o que deberías facer. Quizais che interese probar algo que, no canto de darche leccións, che axude a entenderte para avanzar. Ese algo chámase terapia contextual e análise funcional da conduta: dous enfoques que non prometen solucións máxicas, pero si ferramentas que funcionan.

Por que son unha boa forma de psicoterapia?

Porque non van contra ti, senón contigo. O sufrimento non é un erro que haxa que borrar, senón unha experiencia común. Aquí aprendes a relacionarte con el dun xeito distinto, para que deixe de mandar na túa vida.

Porque a análise de conduta é práctica, non moralista. Non vai de xulgar nin etiquetar, senón de entender o para que do que facemos e ampliar a liberdade de elección.

Porque teñen evidencia científica detrás. As terapias contextuais levan anos de estudos rigorosos ás costas: centos de ensaios clínicos e décadas de investigación. Non falamos de modas pasaxeiras, senón de ciencia aplicada.

Porque o pasado conta, pero non manda. Non se trata de borrar o que viviches, senón de frear o piloto automático e empezar a construír algo distinto agora.

Aquí non “arreglaremos defectos”, senón que trataremos de entender o que che pasa para que pese menos. Aprenderás a moverte diferente no lugar no que xa estás. O traballo irá encamiñado a que recuperes espazo e poidas actuar segundo o que é importante para ti.

Se buscas unha terapia que te axude a vivir con máis presenza e sentido, estás no lugar axeitado.


Espazo de valoración gratuíto

Escoller con quen iniciar un proceso terapéutico non sempre é doado, creo que é importante que poidas facelo con confianza e claridade. Por iso, che propoño un primeiro espazo de conversa gratuíto —por videoconferencia ou chamada telefónica— para valorar a túa situación, resolver as dúbidas que teñas e explicarche como traballo.

Durará o necesario para que teñas unha visión concreta de como podo axudarche e de que maneira poderiamos avanzar. Un encontro sen compromiso, pensado para que tomes unha decisión informada e comeces a darlle forma ao cambio que estás a buscar.

Publicado en Google Google
gio v. verrone profile picture
gio v. verrone
2025-09-30
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
un lugar agradable onde priorizar valores, auto-coñecemento e toma de decisións importantes, sen conceptos a priori determinantes e dende a vontade de acompañamento real. enfocado en centralizar a terapia de maneira obxectiva a través dos cambios na propia experiencia; proponse unha terapia flexibilizadora e libre de prexuízos onde sentirse cómode. recomendable.
Publicado en Google Google
Marta Romero profile picture
Marta Romero
2025-09-26
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
sergio é un profesional empático, sempre buscando a mellor forma de facer o seu traballo e creando un espazo no que realmente te sintes cómod@ en cada sesión
Publicado en Google Google
Cristo Rao profile picture
Cristo Rao
2025-08-06
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Escéptico de entrada, convencido al salir. Sergio ofrece una terapia empática, clara y útil. Un profesional que acompaña de verdad.
Publicado en Google Google
Dolores Asenjo Gil profile picture
Dolores Asenjo Gil
2025-06-19
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Profesionalidad y empatía.

Datos de contacto

DIRECCIÓN

Avenida de Lugo nº30, Baixo Esqda, Santiago de Compostela

TELÉFONO

722256043

722256043

CORREO ELECTRÓNICO

info@pretopsicoloxia.com