Servizos
Psicoterapia individual presencial e en liña
Baseada no enfoque da Psicoterapia Contextual e a Análise de Conduta, que estudan o comportamento das persoas no seu contexto, centrándose en como as nosas interaccións coa contorna inflúen no que sentimos, pensamos e facemos. Lonxe dunha visión reducionista, este enfoque permite comprender o sufrimento psicolóxico non como un fallo persoal, senón como o resultado de experiencias e aprendizaxes previos.
Dende esta perspectiva, non se busca eliminar “síntomas” como a ansiedade ou a tristeza, senón axudarnos a desenvolver ferramentas que permitan afrontar os desafíos da vida con maior flexibilidade. Cando logramos relacionarnos de maneira máis funcional coas nosas emocións e pensamentos, estes deixan de dominar o que facemos, permitíndonos avanzar naquilo que realmente nos importa.
Psicoterapia baseada na evidencia
Este enfoque apóiase en principios respaldados científicamente, procurando un proceso terapéutico eficaz e adaptado a cada persoa. A Psicoterapia Contextual e a Análise de Conduta demostraron a súa efectividade en diversas problemáticas. A través de técnicas contrastadas e en constante actualización, identificaranse patróns de comportamento que poden estar a manter o malestar e desenvolveranse estratexias consensuadas para cambialos de maneira funcional e efectiva.
A terapia non é só un espazo para falar, senón unha oportunidade para aprender novas formas de afrontar a vida. O enfoque contextual ofrece ferramentas prácticas aplicables no día a día, promovendo cambios experienciais e sostibles. Traballarase en estratexias que axuden a actuar en coherencia co que realmente valoras, deixando atrás o que limita o teu benestar.
Un espazo de confianza e sen xuízos
Acudir a terapia pode xerar dúbidas ou nervios, por iso che ofrezo un espazo seguro, cálido e libre de xuízos. A relación terapéutica é chave no proceso, e a prioridade é que te sintas coa confianza suficiente para explorar aquilo que che preocupa. Cada persoa é única, e por iso o proceso terapéutico adaptarase a túa historia, os teus valores e os teus obxectivos.
Non se trata de encadrar ás persoas nunha etiqueta diagnóstica, senón de comprender as súas historias e brindar recursos para que poidan vivir con maior benestar. Farase énfase en como axudar a xerar cambios significativos, máis aló dunha clasificación clínica.
Sesións
As sesións teñen unha duración de 45-60 minutos. A frecuencia das sesións dependerá das necesidades de cada persoa.
Para que a terapia non quede só no tempo que pasamos en consulta, ao finalizar cada sesión acordaranse exercicios para reforzar o aprendido. Se é necesario compartiranse materiais que axuden a asimilar mellor as ferramentas facilitadas.
A intención é que a terapia sexa un proceso dinámico, no que os avances non se dean só dentro da sesión, senón tamén na vida cotiá.
Horarios
Luns a Venres de 10:00 a 20:00h.